A gala Premios Martín Códax da Música non faltou á súa cita aínda que tivese que se adiar desde a primavera por razóns obvias e quedase unha vez máis limitada á súa visualización por streaming. Volveuse demostrar que a TVG non está por facer o seu servizo público e axudar na visibilidade dun sector que, como lembrou no seu discurso a presidente de Músicas Ao Vivo, “está aquí”, cheo de calidade, diversidade e ganas de amosar o seu traballo.
Parabéns a todas as candidaturas, premiadas e nominadas, e á asociación Músicas Ao Vivo por facer gremio malia as dificultades.
Non hai contaxios nos (poucos, iso si) concertos que están a ter lugar. #AculturaéSegura, e onte foi outro exemplo: medidas de distanciamento, máscaras, hixiene, capacidade reducida e só as persoas estrictamente necesaria para este acto. Porque #laCulturaDebeContinuar, pedimos RESPECTO ás salas de concertos ( Clubtura -Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo-, Salas de conciertos (Acces) ), que cumpren cos protocolos e son o lugar onde actúan as artistas para que as coñezamos e gocemos do seu traballo. Elas queren traballar e nós, como público, apoialas.
P.D: amenizou unha banda magnífica dirixida por Pedro Lamas e presentou Inés Salvado Gontad con guión de Gustavo García Dieste . Ben por elas tamén!
2º P.D : a foto está tirada da pantalla do televisor, que o director orelludo non foi ao Pazo da Cultura de Pontevedra
Proxectos premiados nas categorías musicais:
-Proxecto destacado Galego de Blues, Funk e Soul: Carla Green & The Demons
-Proxecto destacado Galego de Canción de Autor/a: Silvia Penide
-Proxecto destacado Galego de Metal: Broa
-Proxecto destacado Galego de Electrónica: Músculo!
-Proxecto destacado Galego de Jazz e Músicas Improvisadas: Manuel Gutiérrez Trío
-Proxecto destacado Galego de Música Tradicional: Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre
-Proxecto destacado Galego de Rock: Agoraphobia
-Proxecto destacado Galego de Pop e Indie: Guadi Galego e a Banda Somerxida
-Proxecto destacado Galego de Bandas de Música Popular: Banda de Música de Merza
-Proxecto destacado Galego de Música Infantil: Magín Blando e a Banda das Apertas
-Proxecto destacado Galego de Músicas do Mundo: Najla Shami
-Proxecto destacado Galego de Música Folk: Caldo
-Proxecto destacado Galego de Orquestras, Grupos e Música de Verbena: América de Vigo
-Proxecto destacado Galego de Música Clásica e Contemporánea: Taller Atlántico Contemporáneo (TAC)
-Proxecto destacado Galego de Reggae, Ska e Mestizaxe: High Paw & Elephants Yard
-Proxecto destacado Galego de Coros e Grupos Vocais: Coro Cantabile
-Proxecto destacado Galego de Músicas Urbanas: Laura Lamontagne & Picoamperio
Premios Organistrum:
-Salas: Naútico
-Festivais: Festival Agrocuir da Ulloa
-Proxectos de comunicación e difusión musical: Músicas Galegas Ilustradas