Un percorrido pola historia da nosa lírica e a dos pobos irmáns da man das cancións creadas por Miguel Varela e María Manuela, dúo que foi o xermolo do grupo actual. Aló polos setenta o dúo participou activamente na transición apostando pola nosa poesía cando aínda fedía o cadáver do xeneralísimo e cando aínda por dicir o que pensabas podías ser axusticiado e represaliado por un réxime que se resistía a abandonar os despachos. So risco de represión, cantaron en galego e deron unha voz diferente á nosa
canción.
Featured