María Guadaña + The Pretty Shirts

Xuño 27, 2019

nota:

O ciclo TerraZeando, volta neste 2019, na súa oitava tempada, con cinco noites e nove propostas musicais que encherán de música e actividade diferentes espazos e recunchos da cidade. Desconcierto Cultural , asociación se ánimo de lucro que promove a iniciativa, volta a apostar por grupos e artistas con personalidade e cun discurso propio e singular, tanto de aquí, como de alá, como do máis aló.

Deste xeito, este ano, contaremos coa oscura intensidade María Guadaña, o garaxe rock de The Pretty Shirts, o encontro entre Atlántico e Mediterráneo que protagonizarán os galegos Os Amigos dos Músicos e os valencianos Gener, o power pop de Monnone Alone, o folk rock de Martin Frawley, o art pop dos vigueses Ghost Beast, e o eclecticismo musical de propostas como Cool Sounds e Lachlan Denton.

Terrazeando é música, xardíns e pequenos espazos da cidade, recónditos lugares, orgánicos, que aúnan beleza, fraxilidade e singularidade. Unha sorte de ecosistema que nos evoca aos máis extranos endemismos. Con esta premisa Jorge Vicente, artista e creador habitual da gráfica do ciclo, xerou unha imaxe de Terrazeando 2019 baseada en cinco especies florais únicas de Galicia. Cinco especies en perigo de estinción para arroupar cinco concertos únicos e irrepetibeis.

Os concertos serán ás 20:00h, coa seguinte distribución de espazos e bandas:

Xoves 27/06 | Praciña do Olvido
MARÍA GUADAÑA + THE PRETTY SHIRTS
Mércores 03/07 | NH Collection Santiago
OS AMIGOS DOS MÚSICOS + GENER
Mércores 10/07 | Terraza da Fundación SGAE
MONNONE ALONE + MARTIN FRAWLEY
Mércores 17/07 | Hotel Costa Vella | Concerto ás 21:00h!!!
GHOST BEAST
Martes 30/07 | Parque de Galeras
COOLS SOUNDS + LACHLAN DENTON
Como en edicións anteriores, os concertos serán gratuítos, sendo isto posible grazas ao traballo desinteresado dos socios de Desconcierto Cultural e ao apoio do Concello de Santiago de Compostela; dos nosos patrocinadores: Cervezas Alhambra, Fundación SGAE e Vermú Lodeiros; dos colaboradores: Hotel Costa Vella, NH Collection Santiago; e por suposto, dos titulares dos espazos nos que celebramos os concertos.

AXENDA

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h.
Praciña do Olvido, Santiago de Compostela.
De balde.