Marful + convidados

Outubro 25, 2013

Magostos do Gaiás. Entradas á venda en Servinova.

Marful. Un concerto fóra do común porque con Marful non hai un concerto igual a outro.
Cidade da Cultura, dia 25 ás 20.30h. MAGOSTOS NO GAIÁS.

Marful. Un concerto fóra do común, Marful por fin en Santiago cunha castaña na man. Un concerto particular será o que ofrezan no museo do Centro Gaiás Ugia Pedreira (voz), Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Pablo Pascual (clarinete bajo), acompañados de dous amigos especiais para o grupo.
O trompetista inglés David Herrignton e o cantante galego Fran Perez “Narf”. Xunto con eles tamén os colaboradores habituais Leandro Deltell e José Manuel Diaz, bateria e contrabaixo. A sua combinación de ritmos entre Europa e América, os seus arranxos sen límites, as suas letras rompedoras, libres, intelixentes fixeron, fan de Marful un orgullo , un grupo de culto no pais que abriu unha brecha estética en Galicia que outros muitos seguirian. O primeiro disco foi eloxiadísimo e vendeuse tan rapidamente como o segundo. Representaron a Galicia no primeiro Womex, entraron no templo da música en Portugal pola porta grande na Casa da Música de Porto e agora están a preparar con calma o seu segundo. Abaixo tendes un link dalgunha nova canción que sonará no Gaiás.

Para ver video de Marful musicando a Lorca “Romaxe de Nosa Señora da Barca”: