Marful con Sabela OT

Novembro 30, 2019

nota:

Marful danse a derradeira lambedela en Pontevedra, na CULTURGAL acompañados da cantante Sabela Ramil (finalista de Operación Triúnfo) o vindeiro sábado 30 de novembro. Tras seis anos de ausencia escénica. Neles, Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeóns diatónicos), Pablo Pascual (clarinetes) e Ugia Pedreira (voz) andaron outros camiños, corredoiras, congostas e cons. Con proxectos individuais, diferentes, con outras producións e outros asuntos. E será en novembro, no Culturgal, onde se darán o pracer de rememorar, reconstruír e gozar xuntos outra vez, máis unha vez, para logo voltar aos seus proxectos artísticos e persoais ineludíbeis. Mais non será este un pracer onanístico. Partillarano co seu publico. Fiel e Sensible, “valente con valor”. E estarán
acompañados no palco pola cantante Sabela Ramil, cantando o Tristras, a célebre peza de Marful que ela escolleu para a final
de Operación Triunfo, e que tantos parabéns colleitou entre o xurado do concurso. Mais se cadra non é o único tema que toca
a canda a banda, da que se confesou admiradora.

O vindeiro 30 de novembro Marcos Teira, Pedro Pascual, Pablo Pascual e Ugia Pedreira reencontraranse no palco. Fano
como o fan as parellas separadas de mutuo acordo: para darse uns últimos aloumiños, xogando co presente, cos recordos,
contándose as aprendizaxes, as vivencias destes anos de divorcio “bienavenido”. O (re)encontro gozoso será dentro da
programación da Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Como convidada especial terán á interprete Sabela Ramil, que recolleu un dos temas marfulianos para a súa final en
Operación Triunfo. Marful tamén contará cos músicos colaboradores do seu último disco “Manual de Seducion”: José Manuel
Díaz ao contrabaixo e Leandro Deltell á batería. A escenografía e asistencia escénica corre a cargo da coreógrafa galega de
longo curriculo europeo, Mercé de Rande. No son o seu técnico habitual, José Trincado, e nas luces o mago Alberto Casas.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook