Marful comeza o 2012 cunha xira surreal por todo o país

Xaneiro 27, 2012

Xa nos estrañaba que unha das nosas mellores formacións non ofrecese máis concertos.
Velaquí presentan unha xira de “presenzas musicais íntimas e exclusivas en lugares únicos” cuxa primeira parada é no Mosteiro de Carboeiro, Silleda, o xoves 2 de febreiro ás 20:30h

Eis o seu comunicado:

Porque non hai máis crise cá das ideas e o mundo é dos “valentes, que ensinan os dentes”, Marful arrinca este 2012 cunha xira chea de beleza e cariño. Un percorrido polos lugares máis paradisíacos da xeografía galega. Unha proposta de achegamento ao público do país porque “Sempre hai público para unha boa música. Sempre hai corazón para un bo sentimento”.

Namorados do patrimonio civil e da arquitectura, como o mostran nos seus discos, deciden e elixen os lugares donde atoparse en cadeas persoais singulares, espazos únicos e momentos exclusivos. Desfrutando da poética e historia dos espazos a través do potencial maior, a emoción que move o mundo: o amor. A poesía e o amor extensíbel a toda forma de vida.

Marful confía plenamente no público galego mais alá dos palcos dos teatros e auditorios, que tamén. Do público que acepta desfrutar do reducido, das pequenas cousas. Marful elixe aventurarse e achegarse á xente en lugares singulares, unindo turismo cultural e música, combinando o sano minifundismo galaico con ideas sociais avanzadas.

Soñando e xogando a vida en cada actuación, estas “presenzas musicais” de Marful tratan dun coñecemento sobre eles mesmos e sobre os seus oíntes cos que desexan fundar, se é posíbel, relacións máis profundas que a aparencia. Por iso lles ofrecen a súa presenza próxima, nun formato coidado e exclusivo, para que dunha maneira íntima e atenta os poidan escoitar cantar, tocar, falar, respirar, degustar, emocionarse e suar.

Nesta “Xira surreal” Marful percorrerá mosteiros, illas, muíños, conserveiras, museos, granxas, bodegas, pazos, torres, fervenzas, castelos… ofrecendo en cada espazo o mellor de si: a súa música, a súa presenza. E, de acompañamento, os mellores produtores e produtos gastronómicos de cada zona, arredor dos que se atoparán artistas e público. Os aforos serán limitados; as músicas e as presenzas non. Ofrecerán o mellor dos seus dous discos e algunhas xoias a maiores, e partillarano todo coa maxia dos diferentes lugares, en acústico ou semiacústico.

A primeira presenza musical desta Xira será o vindeiro 2 de febreiro, día de Santa Candela, a partir das 20:30h na Igrexa do Mosteiro de Carboeiro, en Silleda. Nela poderase degustar queixo Semana Verde, melindres Tábora e augardente da zona. Desde alí viaxarán ao Museo da Conserva, na Illa de Arousa, onde o 14 de febreiro ofrecerán a súa presenza amorosa. Amor con conservas da única fábrica activa da Illa, Vengarco, conservas gourmet para amores exquisitos.

Alí vos esperamos porque queremos beber cada instante!

AXENDA

Facebook

15 hours ago

Ábrete de orellas
Bigott visita esta semana Galiza con "Back to Nowhere" , o seu novo disco, nervioso, directo, post punk. Xoves en Club Clavicémbalo Lugo, venres na Sala Radar, Vigo, e sábado na Sala Ruido , Ferrol.11 track album ... See MoreSee Less
Ver en Facebook