Martes 20 ás 20h
Intensivo de Arte e Alimento
MARFUL AND POTATOES / Marfuleando coa Pataca
Pedro Pascual e Ugia Pedreira, dous dos cociñeiros marfulianos, tremendamente namorados da materia prima de aldea, neste caso Vilaronte e a Cañiza, seguidores da cociña tradicional por vía familiar, namorados da alquimia do alimento e dos utensilios empregados nas cociñas achéganse ás Crechas facendo homenaxe á pataca, esa raiz que chegou de América e foi exquisitamente galeguizada, como Marful fai coa súa música de ida e volta. Entre patacas e conversa atoparedes ademais unha play-list de músicas de baile das que Marful bebe, gosta e desfruta e venda de discos do seu primeiro descatalogado e do seu segundo “Manual de Seducción”.