Marful

Xullo 01, 2012

Dende o 16:00 ata o 20:00

Se aínda non desfrutaches desta Xira Surreal non perdas esta cita. Festa rachada á tradicional: nunha carballeira, sentados en alpacas de palla fresca e con merenda final ofrecida polos produtores locais: queixos, pan, chourizo, licores, galletas… E a música de Marful.
A cita na Granxa é a partir das 16h, mais nós convidámosvos a vir xa de mañán á Feira de Monterroso. Ás 16h haberá visita á Granxa e á exposición do “Almanaque Agrícola” de Pablo Giráldez “O Pastor”. Marful tocará de 17:30 a 19h e logo merenda final. Granxa Maruxa dispón de aparcamento. Entrada 15 euros.
Á venda na Central Folque (Compostela). Reservas en www.marful.info

AXENDA

Facebook

16:00 h.
Granxa Maruxa, Monterroso.
15 €