Marful navega moitos mares. A veces dorna, a veces veleiro, agora buque e despois conserveiro, deses galegos pioneiros que inventaron o conxelado a bordo.
O paquebote Marful chega ao porto máis importante das costas europeas: VIGO.
Cidade bordeada polo mar, da que non sobresaen torres senón guindastres dos estaleiros do porto. Cidade de almas perdidas, universais e lobos de mar. Cidade da que Marful “vuelve” no “Manual de Sedución”.
O lugar non pode ser máis singular: a antiga lonxa de Vigo que se conserva íntegra no Museo do Mar. Alí será onde Marful ofreza a súa presenza musical, tocando o mellor dos seus dous discos. Ao rematar o público está convidado a un convivio cos artistas arredor dunhas conservas gourmet, ofrecidas por Conservas de Cambados. Será na taberna O Croque
Unha noite para disfrutar en potencia das vistas do Museo, o olfato do Mar, a música de Marful, o gusto das Conservas e o contacto do resto dos Asistentes, porque o espazo é Íntimo e o Aforo limitado.
A entrada para esta presenza musical é de 15 euros. As entradas poden mercarse no propio Museo. Tamén poden reservarse na web de Marful: www.marful.info
Esta actividade desenvolverase coa colaboración da Deputación de Pontevedra, da Xunta de Galicia, do Restaurante O Croque e de Conservas de Cambados.