Marful

Novembro 17, 2011

Marful presentou este novo disco o pasado outono e esgotaron a primeira edición ao mes de se presentar. Había espectación logo do primeiro, e logo de catro anos de espera por este segundo traballo.
A música de Marful expresa ideias, proclama sentimentos, descreve paisaxes, narra historias. A música de Marful é unha exaltación da abstracción.

Marful son catro músicos con maiúsculas: UGIA PEDREIRA (voz), MARCOS TEIRA (guitarra), PEDRO PASCUAL (acordeón diatónico), e PABLO PASCUAL (clarinete baixo). A eles súmanse nesta xira Xacobe Martínez (contrabaixo) e LAR Legido (batería), de Sumrá.

Taquilla: 981.102.897
Prezo:
8 € – Abonados: 5,60 € – Carné Xove ou de Estudiante (ata 25 anos): 4 €

Duración: 1 hora e 30 minutos

AXENDA

20:30 h
Pazo da Cultura, Narón
8 € - 5,60 €