Marés Sonoras

Novembro 14, 2019

nota:

MARÉS SONORAS
XOVES 14 | 21:00 | 7€

Marés Sonoras é movemento. Fluxos que se mesturan. Algo que flúe nun desorden ordenado. Marés é o mar, que rodea a península. A terra que come o mar. As sutilezas que aparecen cando a auga cae e a forza inesperada cando rompe os seus límites. Pero Marés é tamén o fluxo de eventos. A auspiciosa ocasión artística. O motivo do empuxe musical. Columpio ibérico.
Marés presenta neste concerto o encontro entre diferentes sons da Península Ibérica, cunha visión actualizada da música que nace entre o Atlántico e o Mediterráneo, nunha viaxe musical que xoga con emocións, sutilezas e identidade.

AXENDA

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
7 €