Marcos Teira Translations Trío

Marzo 08, 2020

nota:
[Concerto participante na Rede Galega de Música ao Vivo]

Marcos Teira é un guitarrista de dilatada traxectoria tamén dentro do panorama da guitarra flamenca. Con varios discos publicados ao seu nome, así como o libro/disco FLAMENCO TRANSLATIONS, presenta aquí o repertorio do seu próximo disco que en breve estará dispoñiible para todos.

Marcos Teira TRANSLATIONS TRIO utiliza un repertorio de músicas adaptadas á linguaxe da guitarra flamenca. De distinta procedencia e autoría, as músicas dende John Lennon ata Charles Mingus por bulerías ou fandangos…

O trio utiliza os ritmos flamencos e a liberdade do jazz para adaptar e reubicar clásicos nunha paisaxe nova e suxerente… Non é flamenco, tampouco é jazz; é as dúas cousas e non é ningunha delas…

TRANSLATIONS TRIO aposta pola escolla escrupulosa do repertorio para que se adapten á premisa dos paus flamencos, así como nos arranxos que coidan e personalizan ca idea de recrear as composicións facendo viaxar ao público a través de unha nova e suxerente paisaxe sonora.

Compoñentes:

– Alfonso Calvo, contrabaixo
– Moisés Fernández, caixón
– Marcos Teira, guitarra flamenca

Entrada: 6€ ant./8€ bill.

AXENDA

20:30 h.
Pub Aturuxo, Bueu.
6 / 8 €