nota:
O álbum sairá en formato dixital e físico
A música galega está de noraboa. Como un vórtice de inflexión, así nace Turoqua o primeiro proxecto en solitario de Marcelo Dobode, traspasando as fronteiras da tradición para elevar novas melodías á vangarda da música, onde as etiquetas, non teñen cabida.
O concepto de Turoqua, sorprende, impacta, pero ao mesmo tempo, agarima. Intensidade sonora na calma poética dos retrousos da creación colectiva e nos compostos polo propio Marcelo.No concerto, contará cos mesmos músicos dos que se rodeou na gravación: Adrián Saavedra (arranxista e productor, teclados), Felix Rodríguez (percusión) Ramon Orencio (Mon)(guitarras), Xacobo Prieto (baixo).