Mar de Fondo + Prexton,

Xaneiro 19, 2017

nota.

O xoves 19 de xaneiro, ás 21:00 horas, volven o Xoves de Música, unha aposta do Teatro Colón polos novos talentos musicais que conta co patrocinio de SuperBock e Gadis. Desta volta os artistas que encherán de ritmo a platea do teatro serán Jesús Suárez -o responsable do proxecto Mar de Fondo-, e Prexton. (Entradas dende 10€)

No caso de Prexton é un mozo guitarrista e cantautor que vive a cabalo entre Cáceres e Galicia. Despois de pasar por bandas de diferentes estilos como o folk, o hip-hop ou o ska, en 2013 decide emprender a súa carreira en solitario con total liberdade creativa. Esta nova etapa, orientada ao pop-folk de autor, gaña a Batalla de Bandas da Universidade de Salamanca, obtén o segundo premio no Santiautor 2015 e proclámase Finalista do MúsicaXove 2015.

En febreiro de 2016, Prexton ficha polo selo independente Moucho Records. En setembro do mesmo ano lanza o que será o primeiro single e videoclip “All Together”, soando en programas como Los40 Trending ou La Script (Cadena Ser). Actualmente atópase presentando en directo pola xeografía española o seu primeiro disco, 42, producido por Iago Blanco en Drum&Roll Studios.

Pola súa banda Mar de fondo é o primeiro proxecto do galego Jesús Suárez. A pesar de que el é quen leva a voz cantante – literalmente-, conta co apoio dunha banda en directo formada por Miguel Thomas (guitarra), Iago Blanco (batería, percusión e coros), Daniel G. Artes (teclados), Alex Rapitis (baixo) e Iván Mosquera (guitarra).

Influenciados por bandas tan coñecidas do panorama nacional como Barricada, Marea, Héroes del Silencio ou Extremoduro, intentan impregnar de aire fresco o panorama do rock nacional con historias cotiás e do noso día a día, que seguramente nalgún momento nos acompañaron na nosa viaxe vital.

Excelentes arranxos e bases musicais, así como unhas poderosas guitarras e a voz desgarradora de Jesús non te deixarán indiferente intentando mimetizar a forza dos océanos coa enerxía do rock.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Teatro Colón, A Coruña.
10 €