Mapi Quintana & Elías García

Maio 10, 2014

nota:
MAPI QUINTANA & ELÍAS GARCÍA

Despois dun tempo recollendo cancións no concello de Lena, en Asturias, Elías (Llan de Cubel) e Mapi comenzaron a arranxar ese repertorio procurando un novo contexto estético para as melodías tradicionais. A través de progresións harmónicas herdadas do jazz e da música europea do s. XX, a improvisación e unha aproximación ao indie-jazz máis contemporáneo, consiguen xerar unha atmósfera sonora que ofrece unha nova perspectiva da música tradicional asturiana. O seu primeiro traballo discográfico, “Severina”, editado o pasado mes de Abril, é o que nos veñen presentar á Casa das
Crechas.

20:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €