Manuel Seixas “O estraño karaoke do home bata”

Agosto 08, 2022

“O Home bata é un becho raro que quere saldar contas co que foi, co que é e co que ao mellor será. E seguir camiñando, camiñando. Este ser Home Bata ofrece un karaoke vital composto de dous misterios. Un rosario laico mestura de poesía e música. O primeiro misterio é o xeito de pedir perdón e renacer, o segundo (2º CD) está dedicado in memoriam a Roberto Camba, César Morales e Fran Pérez Narf”

Con estas liñas, “no medio da incerteza e a calma”, presenta este traballo o músico, escritor e poeta Manuel Seixas. A banda coa que o coñecimos. Korosi Dansas, foi probabelmente a banda máis reivindicativa e/ou experimental da corrente bravú. Fusionaban estilos musicais con poucos prexuízos e amosaban a súa concienciación coa realidade social da súa Vilagarcía. Tras entregar desde finais dos 90 traballos co seu nome propio ou dentro da Neuroband, regresa agora cun “rosario laico en dous misterios”, unha proposta de reflexión poético-musical mesturada co arrouto e na que transmite sen filtro dozura, lamento, noxo, rabia, culpa, amor, enfermidade, morte, dor, lucidez …

Trátase dun traballo de “outsider”, afastado de convencionalismos e tendencias, de temática e sonoridade tan incómodas como sinceras, con pezas longas que se van desenvolvendo ou que espallan emocións. Comeza recitando sobre bases suaves en “Vexo” e a partir de aí empregará tanto guitarras afiadas ou funky, baixos contundentes, como programacións desacougantes, recitará ou rapea, cantará desgarrado, dobrará voces, sumará coros … No primeiro cedé atopamos só temas propios e no segundo un feixe de versións/recreacións/reinvencións: “Te recuerdo Amanda”, “Wish You Were Here”, “Himno galego”, “Negra Sombra” e “Amén”, do disco “Non” (1987) de Korosi Dansas.

“O estraño karaoke dun home bata” non é un disco amábel, mais tampouco ten ínfulas de experimental, e precisa máis que aoutros de lle buscar o momento para chegar a entendelo. Agás as versións perpetradas, todas as cancións son de Seixas, que completou o traballo coa colaboración de Víctor Karallada e achegas instrumentais de Santi Frutos ou Adrián Charlín, ademais de facer collage con gravacións antigas. Non soa a banda de rock, senón confeccionado na casa; mais caseiro no bo sentido, no de gravado con calma e na procura dos recursos que axuden a reflectir as ideas e sensacións. Talvez de aí o de “gravado en Home Bata Home Studio”.

Ferror Records encárgase desta edición limitada en 2CD cun libreto a toda cor con 32 páxinas e ilustracións e deseño de Xurxo Romero..

Pepe Cunha, 8-agosto-22

Setlist

1. Vexo
2. Johny sen fusil
3.Que fixen?
4.Transportista
5 Perdón 03:01
6. Rap do home bata (Perdón e renacemento)

7.Te recuerdo Amanda 07:28
8.Wish you were here 07:14
9.Bágoa 06:31
10.Himno galego 09:09
11.Stewie 01:17
12.Negra sombra 08:17
13.Amén 03:59
14. Coda Neuroamén (Perdón e Renacemento) 02:39

AXENDA

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

16 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook