Manuel Maio “Sem olhar ao tempo”

Xaneiro 04, 2023

“Eu gosto muito de canções, desde pequeno, e gosto moito de discos. Este não é o meu PRIMEIRO disco, mas é o MEU primeiro disco. E agora é teu também”. Así presenta o multiinstrumentista Manuel Maio o disco de seu cando xa leva unha década nisto da música. Licenciouse en violín pola ESMAE de Porto, estudou na escola de jazz Centre des Musiques Didier Lockwood, Francia, editou dous discos coa banda A Presença das Formigas, colaborou con artistas como Amélia Muge, João Afonso ou Luis Pastor, participou noutros proxectos internacionais, compuxo obras para teatro, cine, discos e espectáculos, e produciu varios discos.

Agora chegou o momento de presentar as súas voz e composicións no mundo da canción de autor e faino con estas trece músicas que gravou ao xeito de banda co co-produtor do disco Pau Figueres (guitarras), Ricardo Coelho (percussão) e Rui Ferreira (baixos, piano e percussão). Das voces, bandolim e rabeca encárgase el ao tempo que suman un feixe doutras colaboracións instrumentais que completan un disco de corte acústico, contemporáneo, que bebe da música popular portuguesa e outros ritmos do mundo, como do Brasil.

“Se por um lado é uma obra marcadamente autobiográfica, é também uma reflexão sobre a atualidade, num período de vertiginosas mudanças a nível global”, comenta esta nova voz da música portuguesa sobre un disco coidado e refinado, que regala unha escoita amábel e apracíbel. “Chula da distância” ou “Sem olhar ao tempo” poden lembrar o ritmo dalgunhas pezas do José Afonso, “Mafalda”, “O Beijo (Paolo e Francesca)” ou “Eu levo ao meu benzinho” son pequenas xoias de concreción, “Para quê brilhar” é poesía delicada, “Ninguém disse que era fácil” pon a nota máis pop … Editado polo selo Sons Vadíos 

AXENDA

Facebook