Manuel Gutiérrez Trío

Setembro 19, 2019

nota:

Neste 2019 Manuel Gutierrez está a presentar o segundo traballo como lider da formación a trío; “Unexpected Trip”.
Este proxecto é unha proposta fundamentalmente jazzística, aínda que aberta á interacción con outras estéticas. O son do grupo está baseado en composicións orixinais, todas elas do propio Manuel Gutierrez, e na busca dun espazo sonoro común no que poidan convivir as propostas estéticas dos seus compoñentes. A idea é partir da liberdade individual para conseguir un son de conxunto, ou sexa, que cada un achegue as súas ideas e a súa personalidade, poñéndoas ao servizo da causa común. Unha característica fundamental dos tres compoñentes do grupo, é a súa experiencia en todos os campos da música :grabaciones, concertos, bandas sonoras, docencia; e en diferentes estilos: jazz, blues, rock, hip-hop, folk, etc; aínda que a súa actividade fundamental estea centrada no Jazz, o que garante unha visión extensa do feito musical, e unha amplitude de miras nos formulacións estéticas libre de ataduras e clixés.

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
mañá sábado 20 en Redondela, concurso de maquetas de Asociación do Festival Millo VerdeEn colaboración con ArteLixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
8 €