Manuel Gutiérrez Trío

Novembro 10, 2016

nota:
RGMV

A Casa das Crechas acolle o concerto de Manuel Gutiérrez Trío, que nos presentará unha proposta fundamentalmente jazzística, aínda que aberta á interacción con outras estéticas.

O son do grupo está baseado en composicións orixinais, e na procura dun espazo sonoro común no que poidan convivir as propostas musicais dos seus compoñentes. A idea é partir da liberdade individual para conseguir un son conxunto, ou sexa, que cada un achegue as súas ideas e a súa personalidade, poñéndoas ao servizo da causa común, cunha visión extensa do feito musical libre de ataduras e clichés.

Ten un disco editado: Illa Dá Lúa, con Tom Warburton no contrabaixo, e Dani Domínguez na batería. Tras un descanso para atender outros proxectos, está de novo en marcha, esta vez con Iago Fernández na batería, e coa preparación dun novo disco entre mans.

“Nesta caste de suite , pulsa as teclas da elegancia e da expresividade …Gutiérrez brilla neste trío con outra luz, máis lixeiro”.
Teresa Cuiñas (El Pais)

“Y llega Bágoas na chuvia y el tiempo se para”… “cada vez que Tom pulsa una cuerda o Manuel reinventa un silencio puedes ver esas lagrimas en la lluvia y sabes que te ha tocado la fibra, sin lugar a dudas es una composición de las que solo ocurren de tiempo en tiempo”.
(Cándido Querol /B!ritmos)

“El pianista Manuel Gutiérrez, que ya está entre mis músicos preferidos desde hace tiempo, descarga oleadas de notas y consigue efectos sonoros en esa frontera de la música contemporánea con el jazz” Candido Querol (B!ritmos)

“As a whole , Illa Da Lua is a varied and engaging work . Gutierrez” compositions are imediately accessible yet still rewarding to repeated listening.”
By Bruce Lindsay (All About Jazz)

Manuel Gutiérrez (Ferrol 1963) é un pianista fundamentalmente autodidacta, aínda que habitualmente participou en seminarios, clases maestras e particulares de piano, harmonía e composición, con profesores como: Bill Dobbins, Dave Schnitter, ou Barry Harris, no ámbito jazzístico, e cos directores de orquestra Rafael Rodríguez Camacho e Joan Ensenyat, entre outros.

A súa carreira profesional abarca desde o Rock, Folk, “World Music”, Blues, Jazz, ou as gravacións como músico de sesión, ata a composición de música para teatro ou documentais. Tocou en festivais en España, Portugal, Francia, Marrocos, Bulgaria, Suíza, Sudáfrica e Bolivia. Na actualidade, traballa fundamentalmente con Sumrrá, xunto a Xacobe Martínez e Lar Legido, e como profesor de piano e combo en Estudio Escola De Música.

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
Tarefas urxentes:👆Nomear unha Dirección Xeral conforme a lei🛑Frear desmantelamento e precariedade✊Recuperar a produción propia💪Reabrir ou fortalecer as delegacións para ter unha cobertura real de país👩‍💼Estatuto Profesional➡️Consello de Informativos#VenresNegro309CRTVG#DefendeAGalega ... See MoreSee Less
Ver en Facebook