Manu Chao ofrecerá dous concertos acústicos, en Santiago e en Lugo, o 9 e o 13 de marzo

Febreiro 23, 2022

nota:

Dende o festival Reperkusión de 2014 non pisaba Manu Chao os escenarios galegos. O artista retorna en marzo a Galicia para ofrecer dous concertos. O primeiro deles terá lugar na sala Capitol de Santiago o mércores 9. E o segundo na sala Tebras de Lugo o domingo 13. Os dous darán comezo ás 21 horas e a apertura de portas realizarase unha hora antes.

“El Chapulín solo”, o alcume baixo o que se presenta Manu Chao, sobe nestes concertos ao palco coa súa guitarra en formato acústico acompañado de Lucky Luciano (guitarra) e Miguel Rumbao (percusión).

No seu repertorio, temas novos e temas de sempre. Músicas híbridas, froito do seu encontro entre culturas e tradicións populares. Nas súas propias palabras: “Canciones de rompe y rasca, rolas musicarias, mundos al revés, ‘ekivokadas’ vidas, vecinas del patio y despedidas clandestinas. Calles y más calles. Bodas y banquetes, entierros y malas vidas”. Sen perder nunca de vista os seus tres puntais fundamentais: alegría, loita e compromiso.

ENTRADAS

As entradas para o concerto de Santiago están a venda en https://entradium.com/events/el-chapulin-solo-manu-chao-acustico-santiago

No caso do de Lugo, poden adquirirse en https://entradium.com/events/el-chapulin-solo-manu-chao-acustico-lugo

En ambos casos o prezo da entrada en venda anticipada é de 20 (+gastos de xestión). O prezo da entrada en taquilla será de 25 euros

Para acceder as salas será obrigatorio mostrar o pasaporte covid.

Os menores de 16 anos, no caso da Capitol, e de 18 anos no caso da Tebras deberán acudir acompañados dun adulto responsable. Consultar condicións en salacapitol.com e tebras.es

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook