Manu Chao estará no Festival Reperkusión 2014

Maio 06, 2014

nota:

Manu Chao estará no Festival Reperkusión 2014. O artista franco-galego, un dos músicos máis populares do planeta, volverá un ano máis á Cidade dos Muchachos de Bemposta (Ourense), onde se celebra a 12ª edición de Reper os días 11, 12 e 13 de xullo. Será o cabeza de cartel da xornada do sábado 12, na que tamén soarán o techno swing nacido en Berlín dos Dirty Honkers, o ska afro reggae e rumba fresca das rúas de Barcelona a través de Dani Lança, o garage-punk desenfadado dos Terbutalina e a selección de ritmos globais para bailar sen descanso de Hadri H + Friends. A noite antes, o venres 11, será a rumba rockeira de Muchachito y sus compadres, a elegante mestura de drum & bass e world music dos N.O.A.H, a enerxía dos ritmos do mundo de Kimbala, a percusión o movemento e a comedia visual de Crassh, os ritmos frenéticos de Cuchufellos e os grooves de gran formato de Funkombo os que poñan o público do festival.

O Reperkusión cumpre así un ano máis coa tradición de contar na programación con algún dos artistas que máis destacaron na edición anterior: volve a Ourense Manu Chao, que di sentirse no Reperkusión e en Bemposta como na súa casa. Artista inspirador, comprometido e creativo como ningún outro, Manu Chao volve ao Reperkusión escoltado polos seus fieis escudeiros, Gambeat (baixo), Madjid (guitarra) e Philippe Teboul (batería). O cuarteto rock La Ventura está formado por compañeiros en proxectos anteriores como Radio Bemba ou Mano Negra e constitúe a formación perfecta para interpretar os temas máis míticos de Manu Chao.

As entradas están á venda na web entradas.reperkusion.com cunha oferta especial, ata o 15 de maio, de 15 € máis gastos de xestión a entrada dun día e 20 € máis gastos o abono de tres días. O acceso á zona de acampada custa 5 € máis. A partir da próxima semana tamén estarán á venda as
entradas físicas en en puntos de venda en toda Galicia.

Ourense: Centro Comercial La Región Paseo,
Café Auriense, Saborido Tapería, Faíscas
Santiago: A Reixa Tenda
A Coruña: Discos Portobello
Lugo: Don Disco
Vigo: Tienda Tipo
Pontevedra: Boom Box Wear

Este é o cartel provisional por días
Venres 11 de xullo
Kimbala
Muchachito y sus compadres
Cuchufellos
Funkombo
N.O.H.A. Noise Of Human Art

Sabado 12 de xullo
Terbutalina
Daniel Lança
Manu Chao La Ventura
Dirty honkers
Crassh
Hadri H. + Friends

Convocatoria aberta para o programa de día
Como nas edicións anteriores, a programación de concertos de noite no escenario principal, completarase con música, circo, teatro, performances, pasarrúas, exhibicións artísticas e outras actividades das que se poderá gozar en diferentes espazos da Cidade dos Muchachos ao longo dos tres días de festival. Parte dos grupos da programación de día sairán da convocatoria aberta polo Festival Reperkusión, á que se presentaron 40 artistas, grupos e compañías profesionais e amadoras. A organización está agora en pleno proceso de selección das propostas, para o que terán en conta a súa orixinalidade e capacidade para sorprender. Ademáis, en vista da boa acollida que tivo a proposta na pasada edición, este ano tamén se seleccionarán tres das actividades de día nas redes sociais do Festival Reperkusión. Os tres artistas, grupos ou compañías que reciban máis apoios, formarán parte da programación.

Ao longo destes anos pasaron polo festival artistas como Manu Chao, Fermín Muguruza, Russkaja, 2Many Dj”s, Emir Kusturica & TNSO, Los Delinqüentes, Dubioza Kolektiv, PinkerTones, Macaco, Wagon Cookin, Muchachito Bombo Infierno, Os 3 Trebóns, Ojos de Brujo, Fanfare Ciocarlia, Eskorzo, Os Diplomáticos de Montealto, Telephunken, Sargento García etc.

As entradas están á venda na web entradas.reperkusion.com cunha oferta especial, ata o 15 de maio, de 15 € máis gastos de xestión a entrada dun día e 20 € máis gastos o abono de tres días. O acceso á zona de acampada custa 5 € máis. A partir da próxima semana tamén estarán á venda as entradas físicas en en puntos de venda en toda Galicia.

AXENDA