Manic Street Preachers e The Hives encabezan o cartel do festival Music Waym 28 e 29 de setembro no recinto feiral de Amio (Compostela)

Agosto 31, 2012

Os galeses e os suecos son as principais referencias dun festival que contará tamén con The Courteeners, Layabouts, grupos galegos como Heredeiros da Crus, Holywater, Maryland, Munich e The Cornelius e algunha sorpresa pendente de confirmar.

O festival inclúe programación para público infantil o sábado pola tarde na Cidade da Cultura, con varios talleres e as actuacións de Alondra Bentley, Brodas e Mamá Cabra.

Os abonos de dous días pódense adquirir por anticipado ao prezo de 19,99 € máis gastos de distribución, que inclúe acampada gratuíta

AXENDA