Manecas Costa

Xaneiro 12, 2017

nota:

O xoves 12 (22.30h) as actividades comezarán na compostelá Casa das Crechas cun formato de “Conversa e Cantos com… Manecas Costa”, no que o músico guineano estará acompañado por amigos e amigas galegas. Costa, que gravara xunto a Narf o disco ‘Aló Irmão’ en 2009, forma parte da gran familia musical de CANTOS NA MARÉ desde a súa participación na edición do 2005. A partir de aí teceu unha rede de colaboradores galegos cos que ten presentado varios proxectos, construíndo esa comunidade musical que está na vontade e na filosofia deste festival.ela, 10 de xaneiro de 2017. A Casa das Crechas acolle este xoves un formato de concerto + conversa co guineano Manecas Costa, acompañado por amigos e amigas, que forma parte das actividades complementarias de Cantos na Maré.

Manecas Costa canta a África desde a sensualidade do Gumbé, un ritmo de danza crioulo inspirou o seu primeiro grupo “África Livre”, co que se fixo inmensamente popular, ata o punto de ser nomeado Embaixador de Boa Vontade pola UNICEF con só 19 anos, polas súas letras, enteiramente dedicadas aos problemas sociais de Guiné, de onde tivo que fuxir en 1990 por mor dos conflictos civís. Fixa a súa residencia en Lisboa e a partir de aí comeza a viaxar por toda África e Europa, colaborando cos mais grandes nomes da música e converténdose nun referente mundial da música da Guiné. As súas composicións, acústicas e eléctricas a un tempo, exploran o son salvaxe e vibrante de Guiné Bissau interpretado coa inimitable forma de cantar e tocar a guitarra de Manecas Costa, un dos máis orixinais e creativos artistas do seu país.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
mañá sábado 20 en Redondela, concurso de maquetas de Asociación do Festival Millo VerdeEn colaboración con ArteLixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €