nota:
A Fundación Rosalía de Castro pon en marcha a terceira edición do festival ‘Abride a Fiestra’, que terá lugar mañá 17 de xullo na Casa de Rosalía, e que acollerá diferentes manifestacións culturais tendo a Rosalía como figura central. Entre os protagonistas da fin de semana temos a Verto, a grande revelación musical da música galega; Berlai e Uxía en formato trío co proxecto “Rosalía Pequeniña” para os máis pequenos.
Nunha xornada de portas abertas nas que ademais celebraremos os 50 anos da Casa de Rosalía, o artista Kiko da Silva estará debuxando a Rosalía na Horta da Casa da Matanza, canda outros moitos artistas agrupados baixa a asociación Galeoska. E tamén haberá teatro da man de Fran Rei e Isabel Risco como Dúo Vaguedades, interpretando a Rosalía e a Pondal; e tamén de Soledad Felloza, que fará unha contada para público familiar. Tamén haberá unha cata de viños auspiciada pola adega Paco & Lola.
Dentro do auditorio, Pepe Barro fará un relatorio sobre os 50 anos da Casa de Rosalí; presentarase o libro ‘IV Corrrespondencia da familia Murguía-Castro e outras cartas’ e o último número da revista de estudos rosalianos ‘Follas novas’, da man do seu director Xosé Luís Axeitos. Outro dos protagonistas será Suso de Toro, que nos falará da súa última obra, ‘Un señor elegante’, que ten moito que ver coa Casa da Matanza. Tamén nos presentarán os seus últimos traballos Xavier R. Baixeras (‘Rosalía e a cociña’) e Mercedes Espiño ‘Espazos de Rosalía en Compostela’.
Outro dos atractivos da xornada é un recital poético multilingüe da man do programa Rosalía en Camiño, con poetas de toda a Península: Anna Gas, Antón Blanco, Alba Cid, Berta Piñán, Genaro da Silva, José Rui, Tere Irastortza e Luz Pichel.
A xornada rematará cunha observación da estrela Rosalía de Castro da man da Agrupación Astronómica Ío [recoméndase traer prismáticos].
PROGRAMA
[Entrada de balde, capacidade limitada. Non se realizan reservas]
11.00 KIKO DA SILVA debuxa a Rosalía na Horta
11.00 Mini-concerto de Uxía no Piano de Rosalía
11.30 Relatorio de Pepe Barro: “Cincuenta anos da Casa de Rosalía”
12.00 Concerto ROSALÍA PEQUENIÑA (Uxía) [público infantil/familiar]
12.30 Presentación de ‘IV Corrrespondencia da familia Murguía-Castro e outras cartas’ e do último número da revista de estudos rosalianos ‘Follas novas’. Con Xosé Luís Axeitos.
13.00 DÚO VAGUEDADES, con Fran Rei e Isabel Risco, como Rosalía e Pondal
13.30 Cata e cooperativismo con Paco & Lola, impartida por Nuria de la Torre, enóloga da adega.
_________________________
16.30 Presentación de ‘Rosalía e a cociña’, co seu autor, Xavier R. Baixeras
17.00 Espectáculo de SOLEDAD FELLOZA [público infantil/familiar]
17.30 Presentación de ‘Espazos de Rosalía en Compostela’, coa súa autora, Mercedes Espiño.
18.00 Mini-concerto de Berlai no Piano de Rosalía
18.30 Presentación de ‘Un señor elegante’, co seu autor, Suso de Toro
19.00 Concerto de BERLAI
19.30 Mini-concerto de Verto no Piano de Rosalía
20.00 Recital poético multilingüe: con Anna Gas, Antón Blanco, Alba Cid, Berta Piñán, Genaro da Silva, José Rui, Tere Irastortza e Luz Pichel.
21.00 Concerto de VERTO
23.15 Observación da estrela Rosalía de Castro canda a Agrupación Astronómica Ío [recoméndase traer prismáticos]
Casa-Museo Rosalía de Castro
A Matanza
15917 Padrón (A Coruña)