Mamá Cabra “Bicos de música”

Xaneiro 02, 2015

nota:

MAMÁ CABRA​
Co seu espectáculo Bicos de Música

Forum Metropolitano, A Coruña

Organiza:
​Concello da Coruña

Entrada​ gratuita
Aforo limitado

Qué é Mamá Cabra?
Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mistura poesía, pezas populares e temas propios, con un enfoque lúdico, participativo e didático. Además ofrece ós adultos unha oportunidade única para disfrutar cos máis pequenos dun momento de diversión en familia, sen deixar de aprender cousas novas.

Os espectáculos teñen unha duración aproximada duna hora e están dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

Algúns datos relevantes:
– 9 Cds publicados.
– 7 espectáculos con música en directo.
– Mellor Canción en Gallego 2006 (Academia de las Artes y las Ciencias de la Música)
– Mellor Grupo de Música Infantil de Galicia 2013 (Premios Galegos da Música).

Baixo, guitarra, acordeón, batería, ventos e voces, xúntanse nun exercicio de música, bailes e humor.

​Bicos de Música contén cancións para bailar, para viaxar, para cruzar a rúa, para escoitar poesía …
​Apoiándose nun guión cómico no que cada un dos músicos pasa a desenvolver un diferente rol, conseguen que as presentacións e as interpretacións sexan moito máis divertidas.

AXENDA

Facebook

18:30 h.
Fórum Metropolitano, A Coruña.
De balde