malvela “raianas”

Novembro 07, 2011

O xeito máis rápido de presentar as Malvela sería mencionar ese seu hit “O Pirimpimpín” que soa na exitosa serie de televisión “Padre Casares”. Esta formación de voces femininas de diferentes xeracións (dos 86 anos da señora Carmen aos 32 de Raquel Domínguez) naceu dun curso de cantos populares que Uxía Senlle impartiu na súa Sanguiñeda natal. Desde entón, Malvela foron conquistando os ouvidos e corazóns de quen escoitamos algunha peza dos seus tres álbumes e, sobre todo, de quen as viu en concerto. Por isto chegaba o momento de rexistrar ese poder que transmiten ao vivo e tiña que ser a propia Uxía quen se encargase de coidar a produción musical desta gravación realizada no Multiusos de Mos, practicamente na casa. O título de “Raianas” responde á presenza principal dun repertorio raiano que reflicte a querencia dos artistas implicados nos vínculos culturais entre Galiza, especialmente eses cantos vellos da comarca de Mos-Porriño, e o norte de Portugal. Ademais da banda de acompañamento con Sergio Tannus e Gustavo Domínguez á fronte, as colaboracións de Uxía Senlle e a súa irmá Ana, motor da dirección vocal, Nuria Freiría e Oli Xiráldez e Carlos Blanco e a poeta María Magdalena cs seus textos e lecturas. As Malvela son un dos tesouros da nosa música popular, contan coa axuda e a admiración de estupendos músicos ( aquí Magín Blanco regállales a peza “Pola rúa de San Pedro” ) e no directo transmiten maxia. Como este disco é un documento de todo isto, antóllasenos un agasallo ideal para toda a familia, e mais co fermoso deseño gráfico e a maquetación d’O Pastor. De novo se apunta o tanto a discográfica Do Fol.
Pepe Cunha, 7-nov-2011

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
esta finde en Vilagarcía de Arousa#VGA_Muller 🟣 O Salón García acolle mañá venres o faladoiro "A Muller na Música" e o concerto de Catuxa Salom na apertura da Semana de Muller e Cultura.🟣 Intervirán a música ✨Guadi Galego, a presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais e mánager, ✨Patricia Hermida, a cantante, creadora de Mulleres Galegas Kañeras e directiva da asociación Músicas ao Vivo, ✨Patty Castro, a vilagarciá, ✨Kris Kdj residente da Duendeneta, e a técnica de iluminación, ✨Tere Tresandí. Será a partir das 20h. 🎶 A xornada rematará co concerto de ✨Catuxa Salom, a partir das 9.30h.❗️Lembra que ainda podes apuntarte, de balde, ao obradoiro de rap feminista "Dar resposta", impartido pola cantante e rapeira ✨High Paw, o vindeiro 3 de maio [inscribete na Área de Igualdade do Concello ou a través do mail 👉 muller@vilagarcia.gal]Participa 💜+info👉 www.vilagarcia.es/novas/rtdo2.asp?idnoticia=15349#VGA_Viva #ConcelloVilagarcía ... See MoreSee Less
Ver en Facebook