nota.
portas : 19:30 h – concerto: 20:00 h
Desta o Hevi presentarase no Torgal nun formato que nin él ten claro.
Sempre en continuo cambio e experimentación so sabemos que, coma sempre, vainos deixar a todos abraiados.
Imaxinemos unha traxicomedia intestinal cuspida en restras de chistes, ratatatatatá, disparar a metralleta da felicidade coma Madame Butterfly segundo Carmen de Mairena. Ser picante e penitente, devoto de Santo Antonio Machín e da Virxe do Carme: o colecionista de bragas usadas que nunca colgará as súas parvadas no Facebook. Iso é Malandrómeda.
Participante doutras coñecidas dixestións sónicas coma Fluzo ou Non Residentz, Hevi rapea pezas astutas e absurdas, alimento e excremento, a obra dun cerebro tribal que afumea: da vangarda á retagarda nunca Galicia foi tan caníbal.