Máis dunha veintena de artistas no cartel dos Concertos do Marisco de O Grove, o máis numeroso da súa historia

Setembro 04, 2024

nota:

José Cacabelos, alcalde do Concello de O Grove e Carlos Montilla, director da promotora i-radia Crea, presentaron esta mañá o cartel para os Concertos do Marisco deste ano, a proposta musical que acompaña á Festa do Marisco entre o 3 e o 12 de outubro.

Nesta edición pasarán pola Praza do Corgo de O Grove máis de vinte artistas, con concertos de balde todos os días da festa. Concertos do Marisco segue a súa liña de ser unha programación diversa e de calidade, dirixida para todos os públicos na que conviven grandes artistas nacionais e internacionais con novas bandas de gran proxección. Ademáis, destaca a gran presenza de grupos locais, con máis dunha decena de propostas.

Serán dúas bandas mecas as encargadas de abrir a festa o xoves 3 de outubro, Caballito e Freshkiños. O venres día 4 será a quenda de dous dos grupos galegos máis populares da actualidade, The Rapants e Mondra, con o dj Djow para pechar a festa.

Entre os grandes nomes de Concertos do Marisco atopamos ao dúo de música pop-electrónica Delaporte, que subirá ao palco o sábado 5, depois de Carlangas y los Cubatas. Serial Killerz, un dúo de dj que mesturan xéneros como o rock e a electrónica, tamén actuarán o sábado. Esa primeira fin de semana completarase o domingo 6 cos concertos das galegas Cinco en Zocas e Guadi Galego.

Durante a semana as bandas locais serán as encargadas de animar a Praza do Corgo. Pasarán polo palco o luns 7 Os Firrás e Arroba de Viño; o martes 8 Fla-Meco e o mércores 9 A Banda do Sequío. O xoves 10 tocarán Os Carismáticos e o grupo de rock valenciano Santero y los Muchachos.

A artista catalana Queralt Lahoz, unha das voces máis destacadas do panorama independente, tamén pasará polo palco de O Grove o venres 11, así como o músico arxentino Ariel Rot -coñecido por formar parte de bandas como Tequila ou Los Rodríguez-. Pechará a noite o dj Nanein. Para a noite do sábado 12 Concertos do Marisco dará a coñecer nas próximas semanas unha última confirmación, unha banda de gran relevancia a nivel nacional, que acompañará ao grupo galego Terrae e a Manu TF.

Os Concertos do Marisco contan co apoio do “Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia” financiado pola Unión Europea-Next Generetion UE e a Xunta de Galicia.

 

AXENDA

Facebook