Máis de 30 bandas para un 30º aniversario

Abril 04, 2012

Os Resentidos celebran este ano o 30º aniversario do seu nacemento por partida dobre, cun concerto único e cun disco homenaxe. Reixa, Losada e Soto compartirán escenario o 12 de maio en Ourense con Julián Hernández, Miguel Costas, Budiño, Uxía, Sés, Xurxo Souto, Bieito Romero, Rómulo Sanjurjo, Tonhito de Poi, Piti Sanz, Luís Tosar e XM Pereiro. Carlos Blanco será o encargado de presentar o espectáculo, que abrirán O Sonoro Maxín e Novedades Carminha.

As entradas para o concerto poden adquirirse ata o 15 de abril por 6 euros máis gastos de distribución a través da web www.osresentidos.com, na que tamén se pode acceder á discografía do grupo, materiais inéditos e información sobre o disco homenaxe que está ultimando Warner, tamén baixo o nome “A tribo toda baila”, no que participarán preto de 20 grupos galegos actuais.

AXENDA