magín blanco “realidad”

Outubro 16, 2007

Tras o comentado aquí “Ella”, chega o segundo traballo de quen fora compositor e cantante de La Rosa. Xa pola vista destaca de primeiras a fermosa presentación en digipack con pinturas, ilustracións, fotos e textos de Camilo Franco e o propio Magín inspirados nas 10 cancións do álbum. No musical apréciase unha liña continuista pero non estancada, senón ben pulida. A proposta de inspiración pop folk, coa influencia dos grandes songwriters norteamericanos e nos textos melancolía, madurez, ironía, cercanía, sinceridade. Un traballo ben coidado, coa mesma banda de apoio que no debut en solitario e na que destaca Pepe Losada na eléctrica. Entre as máis salientables, a balada que abre o disco (“El corazón de los pájaros”), unha canción xa coñecida (foi presentada ao concurso Apologhit de Vieiros e a Radio Galega) aparece agora na súa versión en castelá (“La fiesta)”, a sinxeleza do único tema en galego “Revelación”, o aire de corrido de “Mi borrachera”, o medio tempo “Hielo sobre hielo” co chisco final a “Like a Rolling Stone” versión Proscritos. Edita PAI Música.
Pepe Cunha, 16-outubro-2007

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook