Magín Blanco presenta “Camiños”

Novembro 16, 2017

nota:

CAMIÑOS é a nova aventura de MAGIN BLANCO, un dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ó publico infantil e xuvenil. Neste fermoso e completo traballo, Magin xunto ao ilustrador Leandro Lamas, presenta un libro-disco e un espectáculo teatral, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios.

CAMIÑOS convértese nunha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos. A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada musica de Magin, os mozos lectores atópasen claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional.

CAMIÑOS é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos nenos.

Un libro de 68 páxinas (tapas duras e papel offset), un CD con 13 cancións orixináis (das que destaca a xa publicada “Marcho que teño que marchar”) e contos e poemas de Carlos Meixide, Víctor F. Freixanes, Ledicia Costas, Francisco Castro, Paula Carballeira, Anxos Sumai, Marta Somoza, María Lado, Antonio García Teijeiro e Eva Mejuto.

DATA DE SAIDA: 24 DE NOVEMBRO DE 2017

AXENDA

Facebook

9 hours ago

Ábrete de orellas
Eis o segundo adianto do segundo disco de Caamaño&Ameixeiras.👏👏👏Raso Estudioo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook