Magín Blanco “A nena e o grilo nun barquiño”

Xaneiro 03, 2015

nota:
​ Adultos 3 €, nenos e nenas de balde.

“A nena e o grilo nun barquiño” continua, despois de algo mais de un ano de vida, enchendo os teatros, auditorios e prazas de ​música, teatro e sobre todo de imaxinación, da man do xenial creador Magín Blanco:
MagínBlanco
Que Magín​ ​Blanco proceda do pop, e se achegue agora a un público “sen​ límite de idade” , dálle certamente un ar fresco a un espectáculo pensado para os máis cativos. O ex da banda La Rosa ve agora como parte do seu público merma en idadepero conserva intactos, o criterio e a esixencia. Para a xente miúda fai un espectáculogrande e resolve no escenario con achegas de enerxía, calidade e emocións.

A nena e o grilo nun barquiño

As aventuras inciden directamente en temáticas xa esbozadas na entrega anterior “a nena e o grilo no país das apertas” , a solidaridade, o respeto hacia a natureza, a identidade, o desenrolo do universo afectivo e a curiosidade por todo o que os rodea .
A nena e o grilo, interpretados pola actriz Montse Piñón e polo actor PepabloPatinho, integrantes da compañía Teatro Ghazafelhos, irán vivindo singulares aventuras nas que se achegaránao mundo dende a perspectiva mesma dos nenos, sinxela e xenerosa, dramatizando e interactivandocos músicos e co público.
Nesta nova entrega as historias collen unha dimensión mais importante, pero taménmais próxima a narrativa, sendo as letras das canciónsonde se mantén a intención mais poética.
O universo musical está mais próximo e directo, aínda que tamén a presenza dos personaxes protagonistas da historia, ao igual que na primeira parte, xogan un papel relevante, co cal decidimos presentalotraballocun espectáculo centrado na música e no teatro.
Se coa edición do libro-cd pretendemos estimular a curiosidade e a creatividade dos nenos e nenas deixándolle para eles un lugar propio no libro onde podan expresarse, é na interpretación das cancións e no espectáculo en directo onde abrimos as portas para que eles poidan crear o seu propio universo e achegar as historias dende a súa propia perspectiva.

Mais información en:

AXENDA

Facebook

18:00 h.
Casa da Cultura de Tomiño.
3 €