Madeleine Peyroux

Maio 19, 2017

nota:

Unha cantante atemporal e unha personalidade enigmática. Tímida e imprevisible, desde hai anos necesita poucas presentacións, é unha das mellores vocalistas xurdidas na escena do jazz nas dúas últimas décadas.

O talento e o potencial da Peyroux é indiscutible, escoitala en directo, un privilexio. É xa una das grandes estrelas do jazz contemporáneo.

Madeleine Peyroux (Athens, Xeorxia, 1974), á que a súa nai chamou Madalena por amor á literatura francesa, cantaba clásicos dos repertorios de Billie Holiday ou Bessie Smith dos anos trinta e corenta nas rúas de París, onde se formou como músico. Era menor de idade cando empezou a percorrer as terrazas do Barrio Latino coa súa guitarra e un chapeu para recoller as moedas.

Logo, en compañía dun grupo de músicos de jazz clásico, percorreu Europa nunha camioneta. Foise de casa da súa nai e de cando en cando sabía onde ía durmir ao día seguinte. Tiña 23 anos e tras sacar o seu primeiro disco se dió á fuga. Non reaparecería ata oito anos despois. Nese tempo perdeu a voz e emprendeu unha peregrinaxe de camareira por Atlanta, Nashville e Nova York. A súa lenda di que tende a desaparecer entre discos.

Grazas á súa particular voz e á súa sensibilidade, Peyroux rapidamente converteuse nunha auténtica revolución no jazz vocal feminino e empezaron a describila como “a Billie Holiday do século XXI”.

Debutou en 1996 co traballo Dreamland, un disco do que vendeu máis de 200.000 copias e que a levantou repentinamente á fama.

Os seus seguintes discos, Careless Love, Half the Perfect World, Bare Bones Standing on the Rooftop foron unanimemente eloxiados pola crítica e alcanzaron grandes cifras de vendas. En 2007 fué nomeada pola prestixiosa BBC como Mellor Artista Internacional de Jazz.

Vinte anos despois do seu debut discográfico, Madeleine Peyroux mantén inquebrantable o seu feitizo e continúa a súa viaxe musical explorando máis aló do ordinario. Coa complicidade dos dous músicos que lle acompañaron nos últimos anos por todo o mundo, o guitarrista Jon Herington e o contrabajista Barak Mori- Peyroux, a chanteuse norteamericana publica Secular Hymns, unha conmovedora obra mestra chea de melodías nas que se realiza unha cativadora mestura de funk, blues e jazz. Coa súa expresiva e sedutora voz, Peyroux trae a Ferrol un novo traballo no que fai súas as melodías de grandes cancións e que presentará por 1ª vez en Galicia.

Un disco gravado nunha igrexa do século XII de Oxfordshire (Inglaterra) que se alimenta tanto de exquisitas versións de blues e gospel seminal (Willie Dixon, Lil Green e Sister Rosetta Tharpe) como de extraordinarios songwriters contemporáneos (Tom Waits, Townes Van Zandt ou Allen Toussaint) e espirituais afroamericanos.

«A música foi a miña vida espiritual -afirma Peyroux-, polo que estas cancións son himnos. Himnos seculares íntimos e persoais».

Nos seus xa dilatada carreira, a cantante americana ha actuado nos recintos máis prestixiosos do planeta. Desde o mítico Carneggie Hall ou o Lincoln Center de NY ata o Royal Albert Hall londiniense.

Nesta nova xira mundial actuará en emblemáticos escenarios como o Olympia de Paris, o Barbican Centre de Londres ou o Palau da Música de Barcelona.

O seu concerto en Ferrol será a súa única actuación en Galicia.

Sen dúbida un dos talentos vocais máis persoais, expresivos e sedutores do jazz actual.

AXENDA