Machina

Febreiro 22, 2014

Machina (Rock metal, Cerceda)

Machina son 10 anos, tres discos, Acouga (Ep 2007), Post-Bravú (2009) e Ensaio sobre o silencio (2012) e un feixazo de concertos en salas e festivais da nosa xeografía.

En todos eses anos Machina compartiu cartaz e escenario con grandes bandas, S.A, Berri Txarrak, Habeas Corpus, Sepultura,… e gravou con algúns dos mellores produtores do país, Javier Abreu, Pablo Iglesias. O seu traballo foi recoñecido saíndo gañadores do Cantalingua e do Campusons.

Machina é Rock, “Rock do país” que din os Ruxe, herdeiros dunha tradición rockeira do seu pobo, Cerceda onde conviven rock, Galego e aldea.

Facebook

22:30 h.
Pub Aturuxo, Bueu.
5 €