Machina +Tolemia

Maio 31, 2013

nota:

Machina
Son 10 anos, tres discos, Acouga ( Ep 2007), Post-Bravú ( 2009) e Ensaio sobre o silencio (2012) e un feixazo de concertos en salas e festivais da nosa xeografía. En todos eses anos Machina compartiu cartaz e escenario con grandes bandas, S.A, BERRI TXARRAK, HABEAS CORPUS, SEPULTURA, … e gravou con algúns dos mellores productores do país, Javier Abreu, Pablo Iglesias. O seu traballo foi recoñecido saíndo gañadores do Cantalingua e do Campusons.
Machina é Rock, “Rock do país” que din os Ruxe, herdeiros dunha tradición rockeira do seu pobo, Cerceda onde conviven rock, Galego e aldea.

Tolemia é un grupo de rock-metal galego da provincia de A Coruña formado por cinco integrantes: Anxo Silveira (batería); Ysleth Domínguez (voz); Arturo Castro (guitarra); Cristina Pena (guitarra); Alfonso Fernández (baixo).
O grupo nace en xaneiro de 2011, cunha idea fundamental: chegar ata o maior número de persoas posibles.
Tras uns meses sen estabilizarse, Anxo e Robin consiguen levantar ó grupo durante o verán coa entrada da vocalista Ysleth, e con composicións como “Fóra” que será o primeiro tema grabado como banda e así poderán darse a escoitar. Tras varios cambios de formación, Robin(guitarra) decide marchar do grupo. No mes de Outubro dan o paso cara os escenarios, o seu primeiro concerto en directo teloneando ao grupo de metal melódico galego “Tálesien” no Pub D´antón en A Laracha. Ao comezar o mes de Novembro incorpórase ao grupo Cristina Pena como guitarrista rítmica para pechar de todo a formación do grupo.

AXENDA

22:00 h.
Sala Mardi Gras, A Coruña.
5 €