nota:
MACHADO. JAZZ. GPS
Machado Jazz / LATIN JAZZ, SMOOTH JAZZ GPS Manuel Machado: trompeta, fliscorno, dirección; Gherardo Cantazaro: piano; Yrvis Méndez: baixo; Rafael Arteaga: saxo; Juan Viera: percusión; Shayan Fati: batería.
MACHADO e o seu traballo discográfico propio VIVENCIAS, cubanidade refrescante, con rítmica cubana de tódolos tempos, pero que se enmarcaría no smooth jazz. Unha obra musical na que están presentes latin jazz, aires flamencos, sons árabes… Este é o seu momento de madurez persoal, artística e creativa, e é por iso que agora decide liderar unha banda con temas propios na súa maioría. Unha traxectoria profesional impecable percorrendo escenarios do mundo con multitude de artistas permítelle incorporar diferentes culturas. A súa personalidade, o sorriso permanente, a súa profesionalidade, a seriedade e a sonoridade da trompeta e do fliscorno nas súas mans converteron este trompetista cubano-madrileño en indispensable nos mellores directos e estudios de gravación. Manuel Machado é un peso pesado dentro da música. Ten colaborado e gravado, entre outros, con Irakere, Paquito de Rivera, Chucho Valdés, Ketama, Luz Casal, Zenet, Alejandro Sanz, Pastora Soler, Cuban Sound Project…