nota:
O sábado 23 de xaneiro a Casa das Crechas acolle un concerto de Machado, un trompetista cubano que vén con formación de sexteto e vén presentar o seu primeiro traballo discográfico propio: ‘Vivencias’, un proxecto de cubanía refrescante, con ritmática cubana de todos os tempos, pero que se enmarcaría en ‘smooth jazz’, un proxecto musical en que está presente o Latin jazz, aires flamencos, sons árabes.
Este é o seu momento de madurez persoal, artística e creativa, e é por iso que agora decide liderar un proxecto con temas propios na súa maioría. Unha traxectoria profesional intachable percorrendo escenarios do mundo con multitude de artistas, permítelle incorporar diferentes culturas. A súa personalidade, o seu sorriso permanente, a súa profesionalidade, a súa seriedade, e a sonoridad da trompeta e do fiscornio nas súas mans converteron a este trompetista cubano-madrileño, en imprescindible nos mellores directos ou estudos de gravación.
Machado ten colaborado con artistas do talle de Paquito de Rivera, Chucho Valdés, Ketama, Luz Casal, Zenet, Pastora Soler ou Cuban Sound Project.
Velaquí a formación (concerto que forma parte da rede Girando por Salas)
Manuel Machado (trompeta, fiscornio, Cuba)
Gherardo Catanzaro (piano, Italia)
Yrvis Méndez (baixo, Venezuela)
Rafael Arteaga (saxo, Cuba)
Juan Viera (percusión, Cuba)
Shayan Fathi (batería, Irán)