Musical familiar
“De aquí para alá” é un proxecto de música infantil en que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons! no espectáculo, lydia Botana (voz, piano, guitarra, acordeón) cantará co público o retrouso que nos levará ó seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma o rock, a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska… unha divertida aventura en que descubriremos paisaxes sonoras distintas gozando e aprendendo ao mesmo tempo.
Destacado