nota:
LYDIA BOTANA CO SEU ESPECTÁCULO “DE AQUÍ PARA ALÁ”
Entradas: 2€
Toda a información sobre as entradas en entradas.lugo.es
Aforo limitado
De aquí para alá! é un espectáculo para público infantil e xuvenil interpretado por actores e músicos profesionais, dirixidos por Lydia Botana.
Contaremos a historia dunha bolboreta que nace gracias ó son dos instrumentos musicais. Viaxaremos arredor do mundo aprendendo, escoitando e cantando as músicas de cada lugar, facendo partícipe ó público que nos acompañe na procura de novos sons!
Unha divertida aventura na que descubriremos paisaxes sonoros distintos gozando e aprendendo ó mesmo tempo.
Pequenos e maiores poderedes ir de aquí para alá cantando os retrousos máis fermosos, que vos interpretará a banda coa que nos embarcaremos nesta viaxe.