Luna + Ramírez Exposure

Outubro 06, 2017

nota:

LUNA
O seu album “Penthouse” (1995) está considerado pola revista Rolling Stone como un disco esencial dos noventa. Si, Luna están de volta, e chegan a Galicia en outubro dentro do ciclo Sons de Ferrol. De Rosebuds a Broken Social Scene, de Beachwood Sparks a Black Rebel Motorcycle Club, a sombra de Luna é moi alongada. A banda neoiorquina, coa mesma formación que tivo entre 1999 e 2005 : Dean Wareham, Britta Phillips, Lee Wall e Sean Eden, no Teatro Jofre de Ferrol o 6 de outubro. E sete días máis tarde, o 13, tamén desde Nova York, The Pains of Being Pure at Heart desembarcan no Jofre co seu último disco “The Echo of Pleasure”. As entradas, á venda en ataquilla.com. Os concertos, dentro do ciclo Sons de Ferrol, están promovidos por i-radia Crea co apoio do concello de Ferrol.

En 2015 anunciaron o retorno. Luna, a banda responsable de cancións tan deliciosas dos noventa como “Dear Diary”, formada en 1991 polo guitarrista Dean Wareham tras a ruptura de Galaxie 500, volvía aos escenarios tras dez anos de parón e unha chea de éxitos tras de si. En 1993 Luna teloneou a xira europea de The Velvet Underground (que volvían ao escenario tras 25 anos) e posteriormente edita o disco “Bewitched” (1994), no que participa o guitarrista da Velvet, Sterling Morrison. No seu terceiro disco, “Penthouse” (1995), colaboran o mítico guitarra de Television, Tom Verlaine, e a cantante de Stereolab, Laetitia Sadier. No ranking da revista Rolling Stone dos mellores albums dos noventa, este album atópase entre os cen destacados da década.

Na xira de abril e maio de 2015 comprobouse que o libro de Luna segue sendo o mesmo: o que empezou a escribir Wareham tras a disolución da súa anterior banda, Galaxie 500, e co que se dedicou, a través de sete discos de estudio e un en directo -entre 1992 e 2005-, a levar a terreos con máis pulsacións e máis afilados as cancións elípticas e envolventes da súa citada banda previa, esas nas que Wareham aportaba unha voz de tenor planeadora e texturas de guitarra a lume lento.

O concerto de Luna en Ferrol estará precedido polo valenciano Ramirez Exposure, unha das revelacións da música peninsular dos últimos anos. En 2016 abriu para o holandés Jacco Gardner, edita o seu album “Young is the new old” con colaboracións de Ken Stringfellow, Brian Young (The Jesus And Mary Chain, Fountains Of Wayne) e Richard Lloyd (Television), forma a banda española de Marc Jonson e é un dos grandes triunfadores no Festival de Benicasim.

AXENDA

Facebook

11 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook