Luna Cohen presenta o seu premiado álbum nunha xira por Galicia o seu premiado álbum “Estrada do Sol”,
Luna Cohen é unha cantora brasileira residente en Barcelona, onde participa de varios proxectos de jazz e bossa nova. Alí coñeceu ao guitarrista catalán Joel Moreno, co que gravou o seu premiado álbum “Estrada do Sol”. Nesta nova xira únense por primeira vez ao percusionista galego Ton Risco para nos presentar un formato intimista pero á vez cheo de forza.
Luna Cohen (Belo Horizonte, Brasil, 1976) comezou na música grazas a Manu Chao, que a ía detrás dela mentres cantaruxaba polas rúas de Barcelona. Os seus eloxios incentivárona para dedicarse á música. Desde entón comezou a formarse e, xa como músico profesional, colaborou con outros artistas ata que en 2012 publicou o seu primeiro traballo en solitario “Estrada do sol” (Temps Record), que recibiu o Premio Enderrock 2013 á Mellor Nova Proposta de Jazz. Durante 2013, Luna Cohen tamén actuou a dúo co lexendario Jayme Marques.
Na súa xira galega, Luna Cohen está acompañada polo guitarrista catalán Joel Moreno e o percusionista galego Ton Risco. O martes 17 estará nas Crechas, o 18 en La Casa de Arriba (Vigo), o 19 na Auriense (Ourense) e o 20 no Filloa (A Coruña).
Máis información:
http://www.youtube.com/watch?v=c1xr20FRbU4
Escoitar o álbum ‘Estrada do Sol’ en Spotify: