Luiza & Pedro

Xullo 12, 2018

nota:

XOVES 12 18:30
LUIZA & PEDRO (Brasil) presentan “Versos do Capitão”
Oa Casa das Crechas acolle, dentro da programación do Vía Sacra 5 Estrellas Fest, o concerto dos brasileiros Luiza & Pedro, que presentarán o seu último disco, “Versos do Capitão”.

Luiza Sales e Pedro Carneiro Silva son dous músicos brasileiros unidos pola música e polo amor. A música de Luiza & Pedro xa estivo na Europa, Índia e Brasil. Comezaron a se presentar xuntos en Portugal e España entre 2013 e 2014, tocando música brasileira e jazz.

O novo repertorio coas suas própias composicións foi desenvolvido en 2016 (con Luiza no vocal, violão, viola e Pedro no piano). Depois de ensinar música na Swarnabhoomi Academy of Music, na Índia, e actuar en eventos como DIY Day, The Gig Week e Sofar Sounds New Delhi, eles voltaron para o Brasil, onde gravaron o seu primeiro álbum xuntos, “Versos do Capitão” – lanzado en setembro de 2017.

O mesmo ano, traballaron tamén en proxectos solo: Pedro lanzou o álbum “Água Verde” con súas composicións para piano e clarinete, ben como o Proxecto YouTube “Free Seat”. Luiza lanzou unha serie do YouTube con compositoras, “Meninas do Brasil”, onde presentou 24 artistas brasileiras e tamén foi para a Alemaña para filmar unha nova serie de vídeos “Meninas de Berlim”.

O título do álbum “Versos do Capitão” é inspirado no libro homónimo do poeta chileno Pablo Neruda. O álbum presenta só músicas inéditas, todas compostas por por Luiza e Pedro – tamén en colaboración con Gustavo Pereira, Vinicius Castro, Iara Ferreira e Daniel Basílio.

De “Angela”, unha canción alegre, en ritmo danzante, até “O Capitán”, unha balada intensa onde os acordes do piano se transforman nunha sonora tempestade en alto mar, todas as músicas falan sobre experiencias persoais dos dous músicos que celebran a paixón por viaxar polo mundo. O álbum é unha xornada musical onde a alma está dividida entre o desexo aventureiro de ver novos lugares e a saudade de casa. Os arranxos sofisticados, o desenvolvemento melódico e harmónico e a delicada forma de tocar son o mellor de Luiza & Pedro.

AXENDA

Facebook

15 hours ago

Ábrete de orellas
A actualizar a axenda de concertos con citas como estas.De contactardes abretedeorellas@gmail.com facilitariades o labor. 😁 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
18:30 h.
Rúa Vía Sacra, Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
De balde.