Luiz Caracol

Maio 29, 2015

nota:

A Casa das Crechas acolle o concerto do cantautor portugués Luiz Caracol, un dos valores emerxentes da música do país veciño. Ten colaborado con grandes da música lusófona como Sara Tavares, Jorge Palma, Pierre Aderne, Aline Frazão, Susana Travassos, Manecas Costa, Fernanda Abreu, Uxía ou Tito Paris. Foi un dos protagonistas da última edición de Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía que se celebra cada ano en Pontevedra.

El define a súa música como “o reflexo do que eu son e da miña orixe: a mestizaxe, a urbanidade e a mestura”. Publicou o seu primeiro disco en 2013, ‘Devagar’, contando con participacións especiais como Fernanda Abreu, Jorge Drexler ou Sara Tavares. Xirou con este traballo por palcos de Portugal, do Brasil, da Europa e de África.

Músico, cantor e autor portugués, mestura a música portuguesa coa dos países africanos. Luiz Caracol naceu en Elvas, cando seus pais acababan de chegar de Angola, onde vivían antes da independencia deste país. Por iso foi criado dende cativo nun ambiente de mestura cultural, rodeado de xentes que tiñan tamén regresado a Portugal dende Brasil e África despois 25 de Abril. Toda esa mestura de culturas acabou por ter unha forte influencia nel. A pesar de que a música sempre estivo moi presente dentro da súa casa e da súa familia, non a tomou en serio até que en 1996 entrou na Academia de Música e, pasados dous anos, comezou os cursos de guitarra e canto no Hot Club de Portugal. Ao mesmo tempo comezou a tocar nalgúns bares e clubs de Lisboa, formando parte dalgúns proxectos ligados á música lusófona e ás músicas do mundo. Xa en 2009, por convite da Sara Tavares, integrou a súa banda durante a súa xira internacional, tocando o baixo, a guitarra e o cavaquiño, e tamén cantando.

En 2011 foi convidado a participar no documental MPB (Música Portuguesa Brasileira), onde colaborou con nomes como Jorge Palma, Fernanda Abreu, Susana Félix, Tito París, Sara Tavares e Susana Travassos, entre outros.

Máis información:

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €