luis ramiro “el mundo por delante”

Abril 14, 2011

Regresa con forza o cantautor madrileño que coñecimos nesta web co seu anterior “Dramas y caballeros”, de hai menos de 2 anos. Se daquela chamaba a atención desde a presentación (nominada aos Grammy latinos, por certo) e a producción exuberante do equipo sabinesco (Pancho Varona, José A. García de Diego e José Romero), agora repite acertos nestes eidos: o formato físico de “El mundo por delante” destaca polo súa imitación da carpeta dun vinilo e os irmáns Luis e Juan Guevara fan un notable traballo no estudio facturando un son pop-rock cercano ao mainstream pola súa limpeza. Na parte lírica, Luis Ramiro segue coa súa literatura cotiá ben manexada, sen grandes complicacións nin referencias pretenciosas pero loitando por non caer nas palabras e imaxes máis manidas. “El rey de la pista” abre coa forzo do verso inicial deses que marcan estilo (“Todas mis ex son del Madrid y yo soy del Atleti, ¿Sabes lo que quiero decir?”) precedendo a entrada dunha guitarra roqueira. O seu lado romántico, que non meloso, segue con “Jorge I” para deseguido presentar un deses singles predecible “post-ruptura” titulado “Un amor sin estrenar” (“tengo que ligar para que te me pases”). Non obstante, presta máis salientar ese aire pop-folk acústico estadounidense de “Dices”, “Vagabundo millonario”, “Mi buena suerte” e “Campos de fresas”, mais sen esquecer outra peza roqueira como “Mañana nos casamos en Las Vegas” e o seu lado máis puramente acústico e confesional de “Elemento inestable”. Un bo feixe de cancións que proban que hai cancións e artistas abondos pedindo paso nos medios como debería ser, con boas composicións. Entrevistámolo na súa recente visita a Galicia: http://abretedeorellas.blogspot.com/2011/03/luis-ramiro-lo-que-queda-es-ir.html
Pepe Cunha 14-abril-11.

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook