nota:
Luís Peixoto é un dos máis consagrados cordofonistas portugueses. Despois de formar parte e acompañar innumerables grupos e artistas como Dazkarieh, Assembly Point, Anxo Lorenzo Band ou Kalakan, en 2017 lanzou, en solitario, o traballo que tivo máis recoñecemento
(Assimétrico) onde elementos electrónicos xúntanse ao acústico dos cordófonos tradicionais.
Sempre buscando novos camiños musicais, e continuando a súa carreira en solitario, 2020 é o ano no que nace “Geodesia”. En formato de trío acústico, o novo disco é unha viaxe polo repertorio tradicional portugués da man de composicións propias. En directo as cordas inventan unha xeodesia moi portuguesa que non deixa a ninguén indiferente.
Centrándose principalmente na mandolina, neste concerto Luís Peixoto faise acompañar de Xosé Liz (Guitarra) e María Jorge (Violín).