Luis Pastor

Xuño 30, 2012

Se alguén quere coñecer en catro minutos o fenómeno da canción de autor en España, que non perda o tempo e escoite ¿Qué fue de los cantautores?, a canción que abre e dá título ao novo álbum de Luis Pastor que se publica o 6 de marzo de 2012. Enlazando o spoken word co romanceiro tradicional, o século XXI co XVI, o cantautor estremeño, que nunca renegou da súa condición, dá un repaso, en todos os sentidos, á historia da canción de autor dende os seus comezos nos 60 ata hoxe nunha canción lúcida, realista sen perde-lo sentido do humor e verdadeira crónica social dun tempo e dun país tantas veces ingrato e inxusto coa s cultura.
A canción percorre medio século da canción de autor en España sen deixar títere con cabeza, coa fachenda do resistente e poñendo os puntos sobre os íes. Sen morriñas nin amarguras, asumindo o rol e sempre mirando á fronte con esperanza, pero chamando ao pan, pan, e ao viño, viño.
As cancións de ¿Qué fue de los cantautores?, conforman un álbum que sae publicado cunha portada que amosa un graffiti dun muro de Rivas Vaciamadrid, localidade onde vive Luis Pastor. É o novo do cacereño Luis Pastor (Berzocana, 1952), que chegou a Madrid a principios dos anos 60. Aos 16 mercou a súa primeira guitarra, aos 17 escoitaba a Paco Ibáñez e aos 18 xa cantaba nos centros de emigrantes de Alemaña, Francia e Bélxica. En 1972 publicou o seu primeiro single (La huelga del ocio) e o seu primeiro álbum (Fidelidad) apareceu en 1975. Despois chegaron Vallecas (1976), Nacimos para ser libres (1977), Amanecer (1981), Coplas del ciego (1983), Nada es real (1985), Por la luna de tu cuerpo (1986), Aguas abril (1988), Directo (1991), La Torre de Babel (1994), los dos volúmenes del directo Flor de jara (1994-1995), Diario de a bordo (1996), Por el mar de mi mano (1998), Piedra de sol (2000), Soy (2002), Pásalo (2004), Dúos (2006), el disco-libro En esta esquina del tiempo (2006), en el musicaba e cantaba poemas de José Saramago, Premio Nobel de Literatura en 1998… Luis Pastor ten composto tamén para Cesaria Evora, Carmen Linares, Joao Afonso, Juan Valderrama, Jarcha o Gala Évora, e cantou a dúo con Miguel Ríos, Martirio, Pedro Guerra, Chico Cesar, Joao Afonso, Dulce Pontes, Bebe, Javier Álvarez, Pablo Guerrero, Pasión Vega, Lourdes Guerra…
Logo de catro décadas e 20 discos dende os seus comezos e, a punto de cumprir os 60 anos, Luis Pastor mantense leal ao título do seu primeiro álbum. Fiel a unha actitude, a uns principios, a un compromiso e a un xeito aberto de facer música. ¿Qué fue de los cantautores? é un reflexo desta fidelidade e, ao mesmo tempo, unha lembranza, unha homenaxe e un agradecemento aos que marcharon, como queda patente na dedicatoria do álbum: “A todos los compañeros cantautores que ya no están, pero que nos dejaron su ejemplo, su compromiso y sus canciones: Ovidi Montllor, Carlos Cano, Chicho Sánchez Ferlosio, Hilario Camacho, Imanol, Labordeta, Quintín Cabrera, Mikel Laboa…”. Para combate-lo equecemento.

AXENDA

Facebook

23:00 h.
Bar Liceum, O Porriño.
10 / 15 €