Os prezos 8 euros normal, 6 euros anticipada e 4 para socios.
“En esta esquina del tiempo” pódese explicar dun xeito sinxelo: Luís Pastor pon música e canta poemas de José Saramago, Premio Nobel de Literatura en 1998. “Estaba predestinado a hacer este disco por mi obsesión con Portugal, con su música y su idioma”, di Luís Pastor. E fala o propio José Saramago para resumir este feliz encontro entre a música e a palabra que é En esta esquina del tiempo: “Que sexa eu o autor das poesías aquí interpretadas, en portugués e tamén en castelán, é só unha feliz coincidencia. O que máis importa é a música. E a voz, esa inconfundible voz de Luís Pastor, áspera e ao mesmo tempo suave, como o foron as voces dos grandes trobadores do século pasado”. Luís Pastor leva na música toda a vida, pero ofrece concertos e grava discos dende os anos setenta. Fidelidad, Vallecas, Nacimos para ser libres, Amanecer, Coplas del ciego, Nada es real, Por la luna de tu cuerpo, Aguas abriln ou Directo son algúns dos títulos dos seus discos. É un intérprete moi prestixioso e recoñecido como cantautor. Ten colaborado con importantes creadores de distintas disciplinas artísticas. Pedro Guerra, Miguel Ríos, Montxo Armendáriz, Kepa Junkera, Chico César, João Afonso, Dulce Pontes ou Raimundo Amador son só algúns exemplos.