luis gago “filosofía barata” + “el exilio del bufón”

Outubro 07, 2010

Nin cantautor á vella usanza nin cantante decadente, pero si abondo de ambos. Este coruñés que debutou no 2004 con “Como está el patio” bebe de ambos personaxes para compoñer compulsivamente e sen restriccións estilísticas. Probablemente debido a que só está interesado na música e nas cancións, foxe de todo o que pode cheirar a show-business, desde entrevistas a actuacións en locais convencionais. Incluso a súa voz rota é pura antítese dun son amable ou complacente. “Viendo lo que día a día tratan de introducirnos por todos los orificios corporales, te aseguro que cuando escribo procuro más bien cultivar el fracaso, ya me entiendes…” Ademais, rachou no 2006 coa SGAE en 2006, polo que publica en Creative commons. En consecuencia, atopamos de balde na súa web oficial estes novos álbumes que presenta tras cinco anos de silencio. Seica non presenta un só porque “Filosofía barata” foi gravado en estudio coa banda tocando ao vivo e “El exilio del bufón” na súa casa, aínda que despois fose mesturado nos estudios Torresonido, coma os seus dous primeiros discos. Os textos de “Filosofía barata” (6 cancións en 23 minutos) son parte das súas reflexións e pensamentos sobre a condición humana e social, pero a que temos arredor no día a día e da que decote perdemos a perspectiva. As pezas de “El Exilio del Bufón” son más concretas, “son en parte como una proyección de Filosofía Barata sobre personajes más tangibles…”. A suma total é un conxunto de influencias e estilos ben diferentes, mais cunha actitude vital e sinceridade non apta para todos os públicos, para ben e para mal. “El sueño y la muerte”, “La canción de un dolor que no fue” ou “La canción del afortunado” merecen que nos acheguemos a eles.
Pepe Cunha 7-outubro-2010

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook