Luis Emilio Batallán

Novembro 16, 2012

10 € / 5 € (soci@s)
Nun lugar de Galiza o nome do cal el non sabe se recorda… nace Luís Emilio Batallán, en setembro do ano 1948, médico rural, compositor, galego, cantautor canalla e trasnoitado (polo horario que lle queda ao artista). Batallán gravou poucos discos pero ben avidos, Ahí ven o maio (1975), Ballet da nena (1989), Eres un fármaco (1992) e participacións varias o que nos mostra un home fiel a un xeito de ser incompatible coas “leis do mercado” ou os costumes do medio discográfico. O noso home foi, entre outras cousas, dirixente dun club de fútbol tras o cál confesa que “o único interesante do fútbol son a quinielas”. Amigo dos seus amigos, entre os cales contamos a Pablo Milanés e Joaquín Sabina, son estes os que o embarcan neste Tu retrato e apostar, como non, pola autoedición. Logo os encontros coa súa editora, Liam Producciones e Selo Autor fixeron o resto. Se é un gusto oír falar a Batallan de Weather Report, de todo o vivido, as súas boas e malas influencias, a vontade cabaleirosa de facelo ben, éo aínda máis oilo cantar… Nos últimos anos é interesante a súa colaboración no filme Pradolongo.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
5 / 10 €