Luis Emilio Batallán

Outubro 17, 2013

nota:
Volve LUÍS EMILIO BATALLÁN… aínda que nunca o deixou, certo é que Batallán leva moitos anos nun semi-retiro voluntario exercendo a su profesión de médico en Moraña (Pontevedra), pero, nas últimas décadas -e sempre en ocasións excepcionais- o máis grande cantante galego ofreceu e participou en recitais nos que demostrou a súa calidade como compositor e sorprendéndonos coa súa impecable voz, e tamén coa validez do seu repertorio na actualidade.

LUÍS EMILIO BATALLÁN (Compostela, 1948) é o autor dun dos discos máis notables da música galega de todos os tempos: Aí ven o maio.
Publicado en 1975, Batallán sorprendeu a tirios e troianos coa súa revisión musical de poemas de Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro, Curros e Rosalía. Para algúns entendidos, ese disco está máis preto da música pop ca da canción de autor.

Ata aquel momento, a maioría dos cantantes galegos utilizaran, case sempre, o lado máis social ou “comprometido” dos poetas galegos para compoñeren o seu repertorio. Pero, sorprendentemente e nun tempo no que aínda se lles esixía ós intérpretes un compromiso político definido, Batallán optou polo lado máis íntimo dos poetas galegos para elaborar un traballo que permanece na memoria de todos.

Aí ven o maio vendeu a incrible cifra de 200.000 exemplares e reeditouse en 1992, o ano de edición do terceiro LP , Eres un fármaco, aparecido tres anos despois de O ballet da nena. O cuarto LP de Batallán, Tu retrato, non chegaría ata 2007.

E, como diciamos, LUÍS EMILIO BATALÁN, volve á primeira liña da música galega. Xa no pasado 2012 puidemos escoitalo nalgunha ocasión -homenaxes a Celso Emilio en Celanova e Vigo, Teatro CAIXANOVA, ( Garcia Barbón) Bar con Uve (Moaña) Liceum de Porriño, As Crechas, Santiago, Ba Ba Bar A Coruña, e Auriense -Ourense- pero, o cantante regresa con intención de non baixar dos escenarios nunha longa tempada.:

O cantante pecha nestes días as datas para os concertos dos próximos meses, unha serie de recitais que alternará co traballo de preparación do que será, en outono, o seu novo traballo discográfico.

AXENDA